Coceta impulsa GEN.Coop, un programa de mentorización para mocidade líder do cooperativismo

Dende COCETA están poñendo en marcha un proxecto dirixido a xente moza cooperativistas de entre 20 e 35 anos. A través de tres estancias presenciais, que darán comezo este mes de outubro en Bilbao, acompañarán a 16 personas seleccionadas mediante un programa de mentoría en áreas estratéxicas, co obxectivo de fortalecer o seu liderado e fomentar unha maior implicación no noso ecosistema empresarial e organizativo. Coceta está na fase de selección de candidaturas.

 

O programa busca fortalecer a substitución xeracional nas cooperativas de traballo a través de mozos e mozas comprometidas que poidan converterse en referentes do cooperativismo e da Economía Social.
A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) lanza GEN.Coop, un programa de mentorización dirixido a mozos cooperativistas de entre 20 e 35 anos con compromiso cara ao cooperativismo e a Economía Social.
Este programa, que conta tamén coa colaboración do Ministerio de Traballo e Economía Social, busca detectar e activar a 16 mozos con potencial de liderado que poidan converterse en referentes no sector e acompañar os procesos de substitución xeracional nas cooperativas.
GEN.Coop ofrece de maneira gratuíta a oportunidade de aprender da man de persoas expertas en economía social e cooperativa, desenvolver habilidades de liderado e xestión de equipos desde unha perspectiva colaborativa e conectar con outras persoas novas comprometidas no ámbito estatal. Ademais, as persoas participantes terán cubertos os gastos de aloxamento e manutención.
Este programa pretende acompañar a substitución xeracional nas cooperativas, promover unha estrutura cooperativa nacional sólida e colaborativa e resignificar a economía social co foco nas mocidades.
Así mesmo, busca fomentar o compromiso das e os mozos coas organizacións ás que pertencen a través do reforzo de competencias e a mentorización de referentes xuvenís que impulsen modelos económicos democráticos e sustentables.
As sesións de GEN.Coop desenvolveranse en tres encontros presenciais en distintas cidades do país:
– Bilbao, 23, 24 e 25 de outubro 2025
– Osuna, 13, 14 e 15 de novembro 2025
– Madrid, 11, 12 e 13 de decembro 2025
Programa GEN.Coop neste enlace
Con GEN.Coop, COCETA reafirma o seu compromiso coas novas xeracións de líderes cooperativistas, fundamentais para garantir a sustentabilidade, a innovación e a transformación do modelo cooperativo no futuro.
** Manifestación de interese no Programa, contacta con EspazoCoop: info@espazo.coop – 981 57 55 78