Certame Cooperativismo no Ensino 2022
A Consellería de Emprego e Igualdade convoca este certame que está dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, co obxeto de impulsar e promover actividades de fomento do cooperativismo. Poderán presentar os traballos, para o fomento do cooperativismo, nas seguintes modalidades:
- Para alumnado de infantil, e primaria: Modalidade actividades artísticas, tales como debuxo, pintura, maquetas, fotografía ou vídeos. 4 premios (2.500 € cada un) e 4 accésits (1.500 € cada un).
- Para alumnado de educación secundaria obrigatoria: Modalidade de actividades cooperativizadas, tales como viaxes de ampliación de estudos, viaxes de fin de curso, campionatos deportivos, xornais, páxinas web, programas de radio ou obras de teatro. 1 premio ao mellor traballo (2.500 € cada un) e 1 accésit (1.500 € cada un).
- Para alumnado e profesorado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial: Modalidade de proxectos empresariais cooperativos. 1 premio ao mellor proxecto (4.500 € ) e 1 accésit (3.500 €).
Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia.
Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop animamos ás cooperativas de ensino asociadas a participar neste Certame que aposta pola promoción dos valores cooperativos no ámbito da comunidade educativa.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 29 de abril de 2022.
Para consultar a orde completa, preme aquí.
Descarga o cartel do certame aquí.