A Consellería de Traballo e Benestar convocou os programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo 2014.
Finalidade: Promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social e apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas a través de determinados programas.
Programas:
– Programa I : Fomento de emprego en cooperativas
– Programa II : Fomento do acceso á condición de persoa socia traballadora
– Programa III : Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica
– Programa IV : Promoción de cooperativas xuvenís
– Programa V : Intercooperación e integración cooperativa
Destinatarias :
Segundo o tipo de programa as destinatarias son : Cooperativas de traballo e outras cooperativas, persoas desempregadas (que accedan á condicion de socia traballadora nunha cooperativa de traballo; persoas asalariadas de cooperativas (que accedan á condición de socia traballadora); persoas en activo (que accedan á condición de socia traballadora nunha cooperativa); cooperativas de nova creación ou as que acometan novos proxectos; e cooperativas xuvenís de nova creación.
Prazo de solicitude : 7 de abril de 2014
Fai clic aquí :
Fonte: DOG nº 46, 7 de marzo de 2014 (Orde do 21 de febreiro de 2014)