Cepes lanza 2 convocatorias de axudas para entidades de economía social por valor de 8,5 millóns de euros. O prazo para presentar solicitudes remata o 16 de xullo.
No marco do Programa Operativo de Inclusión Social e da Economía Social (POISES), CEPES como organismo intermedio, convoca axudas financiadas polo FSE a entidades de Economía Social, para proxectos dentro das siguintes prioridades de investimento deste Programa Operativo:
8.3 “promover o traballo por conta allea, o espíritu empresarial e a creación de empresas”:
A primeira, cunha dotación de 6 millóns de euros, é a ‘Convocatoria de subvencións dirixida a entidades e empresas de Economía Social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e emprego na economía social, a profesionalización dos recursos humanos e da xestión das entidades de economía social e o fomento do emprendemento en fórmulas de economía social para a mocidade en procesos de formación regrada’.
9.5 “fomento do emprendemento social e da integración profesional nas empresas sociais, así como da economía social e solidaria a fin de facilitar o acceso ao emprego”.
A segunda, cunha dotación de 2,5 millóns de euros, é a ‘Convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas de Economía Social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación e mantemento de empregos de persoas con discapacidade e/ou en situación de exclusión social ben en entidades de economía social que traballan principalmente con estos colectivos, ben noutras entidades de economía social ou ben no mercado ordinario e para proxectos destinados a crear servizos de asesoramento a promotores de iniciativas empresariais, principalmente, para empresas de inserción e cooperativas de iniciativa social como servizos de asistencia técnica e acompañamento a Centros Especiais de Emprego’.
Para leer a nova completa: Aquí
No seguinte enlace, Axudas a Entidades de Economía Social, tes:
- Acceso á convocatoria
- Guía de beneficiarias/os e formularios de solicitude
- Documentación de interese.
Fonte: Cepes