Axudas para a promoción do emprego autónomo e cota cero 2024

 

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocou o programa de axudas para a Promoción do Emprego Autónomo e a Cota Cero para 2024.

Liña 1) Axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.

Liña 2) Axuda equivalente a 12 meses da cota reducida á Seguridade Social por continxencias comúns e profesionais.

A quen vai dirixido?

Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, ambos incluídos.

Infografía da axuda neste enlace

Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 16 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2024.

Acceso á Sede Electrónica da Xunta de Galicia para este procedemento: neste enlace

Podes consultar a orde neste enlace e a seguinte modificación da orde aquí, antes de facer a solicitude.