Axudas Kit Dixital

(Axudas para empresas de 0 a menos de 3 traballadoras, e Axudas para empresas de 3 a menos de 10 traballadoras )

 

 

A 3ª convocatoria para solicitar axudas á dixitalización está destinada a empresas de 0 a menos de 3 persoas traballadoras.

Lembrámoste que a 2ª convocatoria para solicitar axudas á dixitalización destinadas a empresas de 3 a menos de 10 persoas traballadoras abriu o prazo o pasado 2 de setembro de 2022 e estará aberto ata o 31 de decembro de 2024.

Bases

As axudas están convocadas polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, aquí podes acceder aos documentos da convocatoria publicada:

3ª Convocatoria (para empresas de 0 a menos de 3 persoas traballadoras)

  • Extracto das axudas: aquí
  • Bases das axudas: aquí
  • Prazo: Dende o 20 de outubro de 2022 ás 11:00 horas ata o 31 de decembro de 2024 ás 11:00 horas.

2ª Convocatoria (empresas de 3 a menos de 10 persoas traballadoras)

  • Extracto das axudas: aquí
  • Bases das axudas: aquí
  • Prazo: Dende o 2 de setembro de 2022 ás 11:00 horas ata o 31 de decembro de 2024 ás 11:00 horas.

 

Nota: A finais de febreiro de 2023 ampliáronse os prazos de solicitude das axudas ata 31/12/24:

 

Solucións Dixitais subvencionables:

– Sitio Web e Presenza en Internet
– Comercio electrónico
– Xestión de Redes Sociais
– Xestión de Clientela
– Business Intelligence e Analítica
– Xestión de Procesos
– Factura Electrónica
– Servizos e ferramentas de Oficina Virtual
– Comunicacións Seguras
– Ciberseguridade
– Presenza avanzada en internet
– Marketplace

Oficina Acelera Peme en Galicia

EspazoCoop ten un acordo de colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) – que a través da súa Oficina Acelera Peme, prestan soporte en tema de axudas para dixitalización que pode ser de gran interese para as nosas asociadas.

Máis detalles sobre as axudas pódense atopar na páxina web do programa Acelerapeme, podedes contactar e solicitar unha cita: https://acelerapyme.itg.es