Publicouse o 20 de maio, no DOG, a orde pola que se establecen as bases reguladoras 2013 para a concesión de axudas aos concellos e outras entidades locais de Galicia para a realización de actividades de promoción e fomento do cooperativismo, convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar.
As actividades obxecto de subvención poderán consistir na creación e mantemento de oficinas de fomento cooperativo que realicen actividades de promoción e fomento do cooperativismo dirixidas ao ámbito territorial dos concellos solicitantes e á súa área de influencia, en particular, mediante o estímulo do autoemprego e o emprendemento cooperativo e o apoio á xeración de novos proxectos cooperativos.
Igualmente resultarán subvencionables as actividades realizadas polos beneficiarios a través das oficinas de fomento cooperativo que consistan en accións de promoción e fomento do cooperativismo e que estean dirixidas ao ámbito territorial dos concellos solicitantes e á súa área de influencia. A título de exemplo, poderán consistir na elaboración e publicación de estudos, informes, traballos de investigación, manuais e folletos divulgativos; realización de feiras, mostras, congresos; organización de cursos, xornadas, conferencias, seminarios e simposios, así como actividades de fomento de viveiros cooperativos.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O período de execución das actividades elixibles para ser subvencionadas será o comprendido entre o 1 de xaneiro do 2013 e o 31 de outubro de 2013.
Consulta aquí as : Bases reguladoras