Aínda está aberto o prazo de solicitude de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, a data límite é o 30 de setembro de 2015. E entre outras fórmulas, apóiase o establecemento como socio/a traballador/a de cooperativas de traballo.
Obxeto: As axudas están convocadas pola Secretaría Xeral de Emigración, e o obxeto é subvencionar os gastos que leva consigo o establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
Gastos subvencionables: gastos de notaría e rexistro, servizos de profesionais, taxas, licenzas administrativas, gastos derivados do desenvolvemento e implantación da páxina web e da pasarela de pagamento para a realización de vendas en liña, publicidade e propaganda, primas de seguros, arrendamento de local, de maquinaria e de equipamentos informáticos e subministración de servizos imputables ao desenvolvemento da actividade (calefacción, auga, electricidade, telefonía
e internet), xerados ata a finalización do prazo de xustificación recollido na resolución. Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta resolución os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
Consulta as bases reguladoras AQUÍ