Anuncio: Contratación dun Servizo de Auditoría Externa | Proxecto ES-FACTORY

 

CONVOCATORIA

Convócase un concurso público, baixo os principios de publicidade, transparencia e concorrencia competitiva, para a designación do controlador para a realización do servizo de auditoría externa do proyecto ES- FACTORY: Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e do Norte de Portugal (0259_ES_FACTORY_1_E), aprobado no marco do programa de Cooperación Territorial Europea Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que será o responsable de realizar as verificacións establecidas no artigo 74.1.a do Regulamento (UE) nº 2021/1060 e artigos 46 apartados do 3 ao 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1059.

O período de execución do proxecto é do 01/10/20023 ao 30/09/2026.

De acordo coa metodoloxía de verificacións por parte do programa, o controlador deberá realizar:
·      A verificación administrativa do 100% dos gastos declarados polos beneficiarios.
·      A realización de cando menos unha verificación in situ ao beneficiario para asegurar a correcta supervisión da realidade das actividades ao longo da execución do proxecto.

PROCEDEMENTO

Procedemento aberto e simplificado de adxudicación, preferente, para as cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

CONTRATANTE

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.

OBXECTO DO SERVIZO

O servizo ten como obxecto a realización do servizo de auditoría externa do proyecto ES- FACTORY: Red de Aceleradoras de economía social para impulsar y consolidar empresas en nuevas actividades emergentes de Galicia y el Norte de Portugal (0259_ES_FACTORY_1_E), aprobado en el marco del programa de Cooperación Territorial Europea Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, financiado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), en concreto, de realizar las verificaciones establecidas en el artículo 74.1.a del Reglamento (UE) nº 2021/1060 y artículos 46 apartados del 3 al 9 del Reglamento (UE) nº 2021/1059.

CONDICIÓNS E PRESENTACIÓN DE OFERTAS

As ofertas deberán presentarse nos termos recollidos nos PREGOS DE CONTRATACIÓN vía correo electrónico ao correo lucia@espazo.coop, con asunto OFERTA AUDITORÍA 0259_ES_FACTORY_1_E e acuse de recibo, entre o 19 e o 26 de decembro de 2024 ás 14.00 h. (hora peninsular).

DESCARGA PREGOS DE CONTRACIÓN aquí

O artigo 61.3 “Conflito de intereses”, do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xullo (Regulamento financeiro da UE) aplícase no desenvolvemento da auditoría dos gastos polo que se exige a presentación dunha Declaración de Ausencia de Conflito de Intereses na que se detallen a relación de persoas que participen nos procedementos de contratación nas fases de valoración de ofertas, proposta de adxudicación e adxudicación do contrato. É por elo que á oferta enviada adxuntarase documento asinado conforme a que a entidade non se atopa incursa en ningunha situación que poda calificarse de conflitos de intereses coa Unión de Cooperativas EspazoCoop, conforme a ESTE MODELO:

DESCARGA O MODELO aquí