Premio “Fomento do emprendemento cooperativo na escola”

Xa está aberta a convocatoria da 5ª edición do premio do Grupo Cooperativo Cajamar ao “Fomento do emprendemento Cooperativo na Escola”, certame dirixido a alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica que estean a cursar os seus estudos en Cooperativas de Ensino, premio que se enmarca dentro do acordo de colaboración asinado entre Cajamar e e a Unión Española de Cooperativas de Ensino – UECoE.

 

Nos seguintes enlaces pódese acceder ás:

  • Bases de participación con toda a información do Premio aquí
  • Anexo 2: o modelo orientativo de memoria do proxecto para concursar aquí

PARA PARTICIPAR NO PREMIO

As Escolas Cooperativas interesadas poden participar no Premio cumprimentando o Formulario de inscrición aquí

MODALIDADES

  • Modalidade A: Creación dun proxecto empresarial.
  • Modalidade B: Proxecto a través de Cooperativa Escolar.

PREMIOS

CREACIÓN DUN PROXECTO EMPRESARIAL

1º Premio,  Mellor iniciativa emprendedora

Premio ao alumnado promotor e titor/a.
Dotación educativa ou informática valorada en 1.900,00 €.
Diploma acreditativo da súa clasificación.
Placa conmemorativa para o Centro educativo.

Premio ao 2ª finalista

Premio ao alumnado promotor e titor/a.
Dotación educativa ou informática valorada en 900,00 €.
Diploma acreditativo da súa clasificación.
Placa conmemorativa para o Centro educativo.

PROXECTO A TRAVÉS DE COOPERATIVA ESCOLAR

Premio á Mellor iniciativa

Premio ao alumnado promotor e titor/a.
Dotación educativa ou informática valorada en 900,00 €.
Diploma acreditativo da súa clasificación.
Placa conmemorativa para o Centro educativo.

 

Máis información:

Para calquera aclaración pódese contactar vía telefónica no 91 447 34 63 ou vía mail a formacion@uecoe.es.

A inscrición ao Premio está aberta ata o 31 de xaneiro de 2022, a partir desa data e ata o 16 de maio de 2022 poderanse enviar os Proxectos para concursar.

UECoE e o Grupo Cooperativo Cajamar quixeron con estes premios valorar aquelas iniciativas que desenvolven o espírito emprendedor na aula e nas que destaquen, a orixinalidade, grao de madurez e carácter innovador; viabilidade profesional, comercial, técnica, legal e económica; incorporación de elementos de desenvolvemento tecnolóxico; capacidade para desenvolver traballo en equipo; capacidade de implantación noutros territorios así como de cooperación con outras empresas; impacto social e sustentabilidade do proxecto, entre outros.

Así desde UECoE e a Unión de Cooperativas EspazoCoop animamos á participación das escolas cooperativas galegas, especialmente das nosas asociadas.

[ Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop é membro asociado de UECoE].