Europa elabora un Libro Branco sobre a Economía Social

/, Novas do cooperativismo/Europa elabora un Libro Branco sobre a Economía Social

SOCIAL ECONOMY EUROPE, organización europea de referencia da Economía Social en Europa, elaborou o Libro Branco “A Economía Social…retoma a Iniciativa” no que demanda ás Institucións Comunitarias que den un maior protagonismo a este modelo de empresa nas políticas europeas.

Neste Libro Branco ponse de relieve a importancia e o peso deste tecido empresarial en Europa, que conta con máis de 2 millóns de empresas de tódolos tamaños e que actúan en tódolos sectores económicos, e que dan emprego a 11 millóns de persoas.  SOCIAL ECONOMY EUROPE ademais destaca o comportamento positivo que a Economía Social tivo no contexto da crise económica como factor de creación e mantemento do emprego, así como de loita contra a desigualdade e a exclusión. Por exemplo, o número de empregos no sector incrementouse en Bélxica nun 8,3% entre 2009 e 2013. En Italia, aumentaron un 39,4% ao longo dos 10 últimos anos e en España a destrución de emprego foi dun 8% menos que no resto de empresas.

A través deste Libro Branco, as empresas e entidades da Economía Social propoñen a elaboración dun Plan de Acción Europeo para fomentar o desenvolvemento deste tecido empresarial que permita aproveitar ao máximo a súa contribución a un desenvolvemento económico sostible, á creación de emprego de calidade, ao desenvolvemento local así como á cohesión social.

O Libro plantexa varias accións centradas en dar maior visibilidade ao papel clave da Economía Social no desenvolvemento socioeconómico da Unión Europea, así como propostas para reforzar a inclusión das organizacións representativas da Economía Social na formulación e seguimento de políticas públicas. Tamén propón liñas de traballo para mellorar o recoñecemento europeo desta forma empresarial a través de ferramentas lexislativas ou reglamentarias, así como para xerar unha maior coordinación entre os Estados Membros da Unión Europea en materia de Economía Social.

Igualmente, SOCIAL ECONOMY EUROPE considera que a Economía Social debe ser tida en conta en iniciativas políticas prioritarias da nova Comisión Europea a favor do crecemento, como o Plan Juncker de investimentos estratéxicos, ou nas políticas de contratación pública ou nas de innovación social.

Ao mesmo tempo, un capítulo importante do Libro céntrase en reforzar as posibilidades de investimento e de acceso ao capital para as empresas da Economía Social, xa sexa a través de microcréditos ou fondos de capital  risco, propondo a creación dun fondo específico para a Economía Social. Ademais propón levar a cabo unha análise e inventario dos ecosistemas financieros máis adaptados a esta forma de empresa.

CEPES, como membro de SOCIAL ECONOMY EUROPE, participou activamente na elaboración deste Libro Branco aportando a experiencia e realidade da Economía Social española, e facendo propostas que teñen o seu reflexo nos diferentes capítulos e temas que aborda este documento.

A publicación do Libro Branco está disponible en: http://www.socialeconomy.eu.org/blog/see-white-paper-tacking-back-initiative

 

Fonte da nova : Web de Cepes

 

2017-01-27T14:02:52+00:00 29/10/2015|Biblioteca, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies