Entre as actuacións que desenvolve a Secretaría Xeral de Emprego a prol da economía social atópase a promoción da participación en diferentes eventos das cooperativas, sociedades laborais e outras entidades de economía social co fin de facilitar contactos e relacións comerciais para os seus produtos e servizos.

Nesta liña de traballo, a Secretaría xeral de Emprego promove a participación, a través dun stand conxunto, no vindeiro 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar,que se celebrará do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2018 na cidade de Ourense.

Mediante esta iniciativa acollerase, nun espazo expositor compartido, a aquelas entidades interesadas en asistir a este importante evento, que terán ocasión de dar a coñecer os seus produtos a través de sesións de degustación dirixidas a profesionais e público en xeral. A participación no stand é libre de custos para o expositor, correndo só ao seu cargo o produto para súa exposición e degustación e o seu persoal de atención.

As cooperativas e entidades interesadas en participar deben comunicar o seu interese no enderezo electrónico economiasocial.emprego@xunta.es antes das 14.00 h. do día 15 de xaneiro de 2018.