Xornadas: `Somos Cultura, Somos Coop´
A cultura como dereito, o cooperativismo como motor social
26, 27, e 28 de novembro
EspazoCoop en colaboración con Coceta e con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025, organiza un encontro do cooperativismo cultural en Galicia os días 26, 27 e 28 de novembro en Santiago, A Coruña e Pontevedra, respectivamente. Con esta iniciativa busca favorecer a colaboración público-privada co cooperativismo, amosar o auxe do mesmo no sector das industrias culturais e creativas, e facilitar a intercooperación do cooperativisimo cultural.
O encontro SOMOS CULTURA, SOMOS COOP reunirá a cooperativas culturais, asociacións de cooperativas e público interesado de diversos territorios (Valencia, Andalucía, Cataluña, Madrid e Galicia), nunhas xornadas apoidas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través de AGADIC, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Deputación da Coruña, a Rede Eusumo, e o Ministerio de Trabajo y Economía Social, en colaboración co Concello de Santiago, o Concello da Coruña e Culturgal.
26 NOVEMBRO | SANTIAGO
CULTURA NO ANO INTERNACIONAL DAS COOPERATIVAS 2025
O encontro o cooperativismo cultural en Galicia comenzará coa xornada do 26 de novembro de 2025 na Sala Eisenman, Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), ás 10.30h , para tratar a relevancia do cooperativismo no eido cultural e social para a dinamización do sector, con mesas de debate, relatorios e exposición de boas prácticas das cooperativas culturais.
A sesión da tarde inclúe actividades na cidade de Santiago de Compostela, visita a unha cooperativa da cidade e recepción no Concello de Santiago de Compostela.
A xornada está aberta ao público xeral, previa inscripción ata completar aforo, NESTE ENLACE (inscrición)
27 NOVEMBRO | A CORUÑA
A CULTURA É UN DEREITO: IMPULSANDO O SECTOR CULTURAL COOPERATIVO
A xornada do 27 de novembro, celébrase en A Coruña no Pazo de Mariñán (Bergondo), por cortesía da Deputación da Coruña, e na cidade da Coruña.
No Pazo de Mariñán pola mañá realizaranse os relatorios e exposicións sobre os programas de apoio á cultura da Deputación, e pola tarde as actividades de co-creación da tarde dirixidas a potenciar a intercooperación entre as distintas comunidades e impulsar melloras e actuacións conxuntas no sector das industrias culturais e creativas.
A medio día as participantes desprazaranse á Coruña para realizar unha visita ao Teatro Colón e un Roteiro Cooperativo para coñecer cooperativas da cidade.
28 NOVEMBRO. PONTEVEDRA
O COOPERATIVISMO CULTURAL: MOTOR DE FUTURO
Pecharemos o programa de encontros do cooperativismo cultural en Galicia o día 28 de novembro en Culturgal, na Feira das Industrias Culturais de Galicia, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A Feira Culturgal 2025, é un lugar de encontro entre o público e artistas, profesionais e institucións, no que realizarase unha xornada na que será visita a feira, participarase na súa inauguración e aboradarse nunha sesión o intercambio de experiencias con outras feiras do Estado. Será un espazo onde ademais poderemos coñecer como artellar o contacto entre creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións.
Ademais como cada ano a Feira contará coa presenza do Stand da Economía Social Galega promovido pola Xunta de Galicia, na que participarán cooperativas e empresas de economía social do sector cultural.
PROGRAMA `SOMOS CULTURA, SOMOS COOP´
Consulta o programa completo: NESTE ENLACE (programa)
A inscrición para as cooperativas e as federacións e unións das territoriais inclúe: aloxamento, manutención e traslados dos días 26, 27 e 28 de novembro, con saída e chegada desde Santiago de Compostela, así como entradas á feira de CULTURGAL, que serán xetionadas por cada unha das territoriais.
Leave A Comment