Xornada: Talento Cooperativo, programa de fortalecemento de empresas de economía social [19 de xuño Vigo]
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop celebrará o xoves 19 de xuño a Xornada: Talento Cooperativo, no Salón de Actos da Facultade de Comercio da Universidade de Vigo en horario de 10 a 12.30 h.
O evento, aberto ao público, abordará e informará sobre o proxecto Talento Cooperativo, un programa de fortalecemento para mellorar as áreas de xestión das empresas de economía social galegas, que se artella a través da concesión de bolsas de apoio xerencial aos colectivos destinatarios do programa, está no marco do programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) e do Proxecto Poctep ES_Factory (FSEplus – Cepes).
Talento Cooperativo prestará apoio ás entidades de economía social facilitando a incorporación de persoas formadas en xestión empresarial, con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social de cara a fortalecer a xestión empresarial e a función xerencial das organizacións beneficiarias dunha bolsa.
Ao mesmo tempo, contribuirá á mellora da empregabilidade e das competencias das persoas bolseiras que se incorporen ás empresas.
Os colectivos obxectivos destinatarios de Talento Cooperativos serán:
- Persoas mozas menores de 30 anos, preferentemente mulleres, que estean a buscar unha alternativa de emprego de calidade que lles permita conciliar a súa vida laboral e persoal.
- Entidades de economía social con necesidades de perfís profesionais en postos de xerencia e dirección.
Talento Cooperativo convocará 4 bolsas en empresas de economía social
Esta nova edición Talento Cooperativo convocará 4 bolsas, en entidades de Economía Social, remuneradas, de 600 horas de duración cada unha, cunha dedicación semanal de 25 horas durante 6 meses, estando previsto o seu inicio no derradeiro trimestre do 2025, aínda que previamente ao seu inicio segue estas fases:
- Abrimos a solicitude de Talento Cooperativo para cooperativas | Do 30 de maio ao 30 de xuño
- Xornada informativa Talento Cooperativo| 19 de xuño, de 10-12.30 | Facultade de Comercio da UVigo, r/ Conde de Torrecedeira 105, Vigo
- Abrimos a solicitude de Talento Cooperativo para candidatas a bolseiras | Do 1 de xullo a 31 de agosto
- Formación das candidatas bolseiras pre-seleccionadas | 16 e 18 de setembro
- INICIO das estadías nas cooperativas e empresas de economía social! | Último trimestre de 2025
> Se estás interesada en ser bolseira nunha empresa de economía social:
Participa e inscríbete á xornada aquí. Poderás coñecer o programa e valorar se queres achegar a túa solicitude para ser participante do programa
PROGRAMA DA XORNADA DO 19 DE XUÑO aquí
> Se a túa empresa de economía social quere contar cunha bolseira para apoiar a área da xerencia:
Participa e inscríbete á xornada aquí. Poderás coñecer o programa e valorar se queres achegar a túa solicitude para ser participante do programa
PROGRAMA DA XORNADA DO 19 DE XUÑO aquí
O prazo para a formalizar a inscrición na Xornada remata o 18 de xuño de 2025 ás 14:00 horas.
A participación nesta actividade é totalmente gratuíta para as persoas participantes.
CONVOCA: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop
INICIATIVA NO MARCO DOS PROGRAMAS:
Proxecto 0259_ES_Factory_1_E que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027.
Programa 2024-2025 da Rede Eusumo – Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social del Gobierno de España.
Nova relacionada:
Convocatoria para cooperativas e entidades de economía social 2025
Leave A Comment