A Federación de Cooperativas Sinerxia organiza a Xornada “O Cooperativismo no Sector do Turismo”, terá lugar o martes 16 de Xuño de 2015 en Vilagarcía de Arousa, no Centro da Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Vilagarcía (Avenida do Doutor Tourón, 46. – 36600 Vilagarcía de Arousa), ás 11 h.

Unha xornada para estimular e activar o cooperativismo, neste caso, no sector do turismo: tratarán como montar unha cooperativa e presentarán exemplos de emprendemento no sector do turismo.

A formación é gratuíta, e as prazas limitadas previa inscrición no teléfono 986 89 65 26 ou no correo sinerxia@sinerxia.org

Preme na imaxe para visualizar o Programa.

 

coop. e turismo