Xornada, 26 novembro 2025
> CULTURA NO ANO INTERNACIONAL DAS COOPERATIVAS 2025 <

Con motivo do Ano Internacional das Cooperativas, co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través de AGADIC, e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, EspazoCoop organiza un encontro do cooperativismo cultural, que se extende ata o 28 de novembro

A primeira xornada na Cidade da Cultura en Santiago:
“CULTURA NO ANO INTERNACIONAL DAS COOPERATIVAS 2025”,

O programa comezará o 26 de novembro de 2025 na Sala Eisenman, Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), ás 10.30h, cun encontro promovido por EspazoCoop en colaboración coa Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado -COCETA-, que conta co apoio de AGADIC, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para tratar a relevancia do cooperativismo no eido cultural e social para a dinamización do sector.

Tras a introdución do Ano Internacional das Cooperativas, contaremos cunha mesa redonda sobre políticas públicas do sector cultural e a economía social, e cunha mesa de debate sobre a dinamización do sector das Industrias Culturais e Creativas (ICC) no marco do cooperativismo, con EspazoCoop, COCETA e responsables das sectoriais de cultura das federacións integradas na Confederación dos territorios de Cataluña, Valencia, Andalucía e Madrid.

Tamén contaremos coa exposición de boas prácticas de intercooperación de cooperativas culturais. A continuación da xornada, as participantes de EspazoCoop, COCETA, FCTC, FEVECTA, FAECTA e COOPERAMA e as cooperativas asociadas, trasladaranse a Santiago de Compostela, para realizar unha visita a unha cooperativa da cidade.

A xornada está aberta ao público xeral, previa INSCRICIÓN ata completar aforo, NESTA LIGAZÓN

Na tarde do 26 de novembro haberá un desprazamento ao Pazo de Mariñán para aloxarse e desenvolver a xornada do día seguinte 27 de novembro neste espazo por cortesía da Deputación da Coruña.

A xornada do 27 de novembro, con actividades de intercooperación, no Pazo de Mariñán

En Bergondo (Pazo de Mariñán), realizaranse os diferentes talleres e actividades de co-creación dirixidas a potenciar a intercooperación entre as distintas comunidades e impulsar melloras e actuacións conxuntas no sector das industrias culturais e creativas. O 27 pola tarde viaxaremos á Coruña para realizar unha visita a unha cooperativa da cidade e coñecer a parte histórica da cidade.

Pecharemos o programa de encontros o 28 de novembro en CULTURGAL, Pontevedra

O venres 28 trasladámonos a Pontevedra, para asistir á Feira das Industrias Culturais de Galicia (CULTURGAL). Un lugar de encontro entre o público e artistas, profesionais e institucións. Realizaremos un encontro entre as cooperativas de cultura participantes, visitaremos a feira e contaremos cunha presentación de CULTURGAL, seguida dun intercambio de experiencias con outras feiras do Estado. Será un espazo onde ademais poderemos coñecer como artellar o contacto entre creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións.

AXENDA OS DÍAS! 26, 27 e 28 de novembro en Galicia!

A inscrición para as cooperativas e as federacións e unións das territoriais inclúe: aloxamento, manutención e traslados dos días 26, 27 e 28 de novembro, con saída e chegada desde Santiago de Compostela, así como entradas á feira de CULTURGAL, que serán xetionadas por cada unha das territoriais.