“A Cooperativa como fórmula de autoemprego e desenvolvemento local”

 

A Oficina de Fomento Cooperativo do Concello de Lugo ben de iniciar a súa andaina, grazas ó apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo. A súa actividade intégrase na Rede Eusumo, e dará servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos de Lugo, Becerreá, Baralla e O Corgo.

Para dar a coñecer a Oficina de Fomento Cooperativo, os seus obxectivos e actividades a desenvolver no futuro, así como as iniciativas institucionais que se están a desenvolver no ámbito do cooperativismo e da economía social, convídannos á Xornada: “A cooperativa como fórmula de autoemprego e desenvolvemento local” que se celebrará o día 20 de novembro a partir das 9:30 horas, na sede do CEI-NODUS do Concello de Lugo, sito na Avenida da Coruña, nº 490, de Lugo.

Para mais información e inscricións, chamar ó 982 297 468 ou a través do correo electrónico oficinadefomentocooperativo@cei.lugo.es

Ver o programa da Xornada