Webinar Emprender no Social: Crea o teu negocio, xera impacto real!

 

 

 

O webinar Emprender no Social celébrase no auditorio do Hospital de S. José, en Arcos de Valdevez (Portugal), o día 25 de xuño, ás 15 h, con posibilidade de participación presencial ou en liña, a través da transmisión en directo na páxina de Facebook de In.Cubo, entidade organizadora do evento, socia do proxecto ES-Factory: Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas economías emerxentes, do que fai parte a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.

Esta iniciativa diríxese a todos os que pretenden crear ou desenvolver un negocio con propósito, capaz de xerar valor e impacto positivo na comunidade. O evento contará coa intervención de especialistas en emprendemento e economía social, tamén coa presentación de proxectos inspiradores, creando um espazo privilexiado para compartir ideas e networking.

 La participaçión está suxeita á inscrición en liña ou presencial:
👉 aquí.

Obxectivo: Promover o emprendemento social como motor de desensenvolvemento sostible e impacto positivo nas comunidades, sensibilizando e capacitando ás participantes para a creación de negocios con propósito social, a través do intercambio de coñecemento especializado, experiencias inspiradoras e presentación de oportunidades de apoio, como o Concurso de Ideas promovido por In.Cubo.