«Transformando a cidade dende o Cooperativismo » | 24 setembro, Santiago
A Unión de Cooperativas EspazoCoop, no marco do Ano Internacional das Cooperativas 2025 e do convenio co Concello de Santiago de Compostela para impulsar o cooperativismo e a economía social, organiza a xornada “Transformando a cidade dende o Cooperativismo” o vindeiro 24 de setembro no Treatro Principal de Santiago.
Desde EspazoCoop comprácenos convidarvos a asistir a esta Xornada de celebración do cooperativismo galego, con motivo do Ano Internacional das Cooperativas coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
Data: Mércores 24 de setembro 2025
Horario: 09:30 – 13.30 h.
Lugar: Teatro Principal – Santiago de Compostela
Ao longo desta xornada abordaremos o debate sobre o papel transformador do cooperativismo, trala representación da obra de treatro “As que limpan” a cargo da compañía A Panadaría S. Coop. Galega.
O Concello de Santiago de Compostela súmase aos actos de apoio ao AIC25 con esta representación e coa participación na mesa de debate que terá lugar a continuación. A colaboración entre ambas entidades -Concello e EspazoCoop- está a abrir oportunidades e a formalizar apoios e colaboración á economía social e ao cooperativismo, da cidade. A partir das situacións de precariedade, desigualdade e abusos que denuncia a peza teatral queremos trasladar as potencialidades do cooperativismo como elemento transformador, no proceso de construción dunha cidade, mellor e máis participativa.
Programamos unha mañá no Teatro Principal de Santiago de Compostela, na que poderemos disfrutar da obra “As que limpan” pola Panadaría, S. Coop. Galega (con entrada de balde, por cortesía do Concello de Santiago) e dunha conversa entorno á “Transformación da cidade dende o cooperativismo”, para a que contamos cunha persoa do grupo teatral A Panadaría, con tres cooperativas da cidade que traballan en distintos ámbitos de intervención, e coa concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, do Concello de Santiago de Compostela
Programa:
09:30 | Apertura de portas
10:00 | Representación “As que limpan” pola compañía A Panadaría, S. Coop. Galega (90´)
11:45 | Presentación do Ano Internacional do Cooperativismo 2025
12:00 | Coloquio “Transformando a cidade dende o cooperativismo”
- A Panadaría, s. coop. galega
- 7 H coop cultural, s. coop. galega
- Cidadanía, s. coop. galega
- Maos, s. coop. galega
- María Rozas, concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, do Concello de Santiago de Compostela
Dinamiza: Ana Olveira Blanco, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop
13:15-13:30 | Peche da Xornada a cargo da Alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei
Cartel da xornada aquí
Como participar?
A asistencia é de balde, as entradas pódense obter en Zona C (Praza de Cervantes, Santiago) os días 19, 20 e 23 de setembro de 2025, en horario de 11 a 14 h. e de 16 a 19 h.
*Esta programación conta co financiamento do Concello de Santiago a través do programa municipal Feito en Santiago.
Leave A Comment