A través do marco da programación da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2016, a Federación de Cooperativas Sinerxia ten abertas diversas accións formativas para o mes de setembro. O prazo de inscrición xa está aberto.

A formación que realizará a Federación de Cooperativas Sinerxia, son: Talleres de Dinamización do Cooperativismo en Sectores con Potencial,  destinada a persoas vinculadas académica ou profesionalmente co sector obxecto do taller, que queiran explorar novos métodos empresariais para emprender dende o inicio dun proxecto ou ben para cooperar e colaborar con outros profesionais do sector.

A participación nestas actividades é gratuíta, presencial e con posibilidade de certificación. En concreto levaranse adiante as seguintes accións :

 

Taller de Dinamización do Cooperativismo, no Sector Medioambiental.

Concello de Mos (Pontevedra) – (Fai clic no cartel)

cartel_Mos

Días: 13, 14, 15, e 16 de setembro de 2016 – Horario : 09:00 h. -14:00 h.

Lugar: Axencia de Colocación de Mos (CDL ) Avenida Peinador 39 – Tameiga . 36416 Mos (Pontevedra)

Inscricións: AQUÍ

 

Taller de Dinamización do Cooperativismo, no Sector Cultural.

Concello de Pontevedra – Pont Up Store –  (Fai clic no cartel)

cartaz taller pontup

Espazo de emprendemento : http://pontupstore.com/2016/gl/programa

Días: 19, 20, 21, 22, e 23 de setembro de 2016 – Horario : 16:30 h. – 20:30 h.

Lugar: Deputación de Pontevedra – Edificio Admon: Avda. Montero Ríos (Baixo do edificio-Sala de Xuntas)

Inscricións: AQUÍ

 

Taller de Dinamización do Cooperativismo, no Sector Agroecolóxico.

Moaña (Pontevedra) – (Fai clic no cartel)

 

cartel moaña setembro

Días : 26, 27, 28, e 29 de setembro de 2016

Horario: 09:00 h. – 14:00 h. – Lugar: Patronato Municipal Beiramar – Lugar A Carrasqueira s/n Tirán – Moaña (Pontevedra)

Inscricións : AQUÍ

 

Máis información : Teresa Balado Barciela . Tfnos: 607.69.82.39 // 986 866 149