‘Economía social Meeting’ tratará as Axudas para Fomento do emprendemento en Economía Social 2019 | 20/febreiro – Santiago

 

O mércores 20 de febreiro o Foro pola Economía Social Galega celebra unha sesión informativa e de intercooperación dentro do Programa ‘Economía social Meeting’ destinada a cooperativas, sociedades laborais e tamén para persoas e grupos de proxectos pre-cooperativos e pre-sociedades laborais.

No encontro trataranse as liñas de axudas do Programa Aprol Economía Social 2019, que foron convocadas recentemente pola Consellería de Economía, Emprego, e Industria. Contarase coa participación de Alba Paz Boubeta – Subdirección xeral de Economía Social.

Será unha acción de 2 horas de duración, realizada de xeito colaborativo coas entidades do Foro: Agaca, Aesgal, Unión de Cooperativas EspazoCoop,Cegasal e Aeiga, co obxetivo de crear un lugar de encontro, coñecemento e colaboración.

Data e horario: Mércores 20 de febreiro 2019 | De 10 a 12 horas.
Lugar de celebración: Rúa Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela (na sede do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil).

PROGRAMA: AQUÍ | CARTEL: AQUÍ  | INSCRICIÓN: AQUÍ

Información destas axudas no seguinte enlace, a través da nova relaciona: ‘Axudas para Fomento do Emprendemento en Economía Social 2019’

 

Economía Social Meeting trata de facilitar a xeración de oportunidades de negocio e proxectos en común. Creando contextos para ofertar e demandar, xerando interaccións entre todas as organizacións participantes.

CONVOCA: Unión de Cooperativas EspazoCoop || Entidades colaboradoras do Foro pola Economía Social Galega

[ Esta acción enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social ]