Sensibilización para o emprendemento cooperativo

[ Edición 2025-2026 ]

 

Como primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego e emprendemento en colectivo. A través dun programa de sensibilización achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo.

O coñecemento é esencial para eliminar prexuízos e desinformacións, así como para promover unha mentalidade de colaboración e traballo en equipo.

A programación 2025-2026 realizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, en colaboración coa Rede Eusumo (Xunta de Galicia), e o Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo FSE Plus, contempla a realización de varias charlas divulgativas tituladas “E ti, coñeces a fórmula?”, que están destinadas a aumentar o coñecemento e a comprensión sobre os valores e vantaxes do emprendemento en cooperativa, así como concienciar á xente sobre a súa relevancia para fomentar a economía local e o empoderamento das comunidades e colectivos, especialmente no rural, para mulleres e entre a mocidade, por ser unha ferramenta idónea nos procesos de participación e colaborativos.

Coas charlas cubriremos os seguintes obxectivos:

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar cómo o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Axenda de sesións programadas na edición 2025-2026:

  • Próxima charla > 13/06/25 Ribeira | E ti, Coñeces a Fórmula? | Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira, Viveiro de Empresas, en Aldea Fafián 29 | De 10.00 a 14.00 h. | Inscricións: programaintegrado@ribeira.gal – 669 150  809 – 628 557 348
  • Próxima charla > 04/07/25 Oleiros | E ti, Coñeces a Fórmula? | Obradoiro de Emprego do Concello de Oleiros | De 9:30 a 12:30 h.
  • Próxima charla > 08/08/25 Ordes | E ti, Coñeces a Fórmula? | Obradoiro de Emprego da Mancomunidade de Ordes, Casa da Cultura de Ordes | De 09:00 a 13:00 horas.

Máis información: contacta a través de 697 877 773 – patane@espazo.coop


Este programa enmárcase:

– No programa de actuación 2025-2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social.

– Programa de Empleo, Formación, Educación y Economía Social, EFESO, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus para el periodo 2021-2027, a través del organismo intermedio CEPES.