Roteiro Cooperativo de Santiago, edición 2025
O Roteiro Cooperativo é unha actividade que propón un xeito diferente de achegarse ás cooperativas de Santiago de Compostela, ao cooperativismo e a economía social. A edición de 2025 conta cun programa de 4 roteiros que se desenvolven entre os meses de abril a setembro.
A 4ª edición do Roteiro Cooperativo, iniciativa promovida por EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, volve este ano con 4 roteiros nos meses de abril a setembro de 2025.
A actividade consiste nunha ruta guiada por Santiago de Compostela para visitar e coñecer cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo e a economía social. A través dela identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo para mostrar proxectos viables, realizando tamén un labor didáctico ao redor do autoemprego colectivo.
Calendario de roteiros
- 25 de abril 2025
- 27 de maio 2025
- Setembro 2025 (2 roteiros, datas proximamente)
Cooperativas participantes
As cooperativas que se visitarán e que participan no Roteiro Cooperativo son o cinema Númax, o centro de ioga Almazen de Yoga, a tenda de marcas culturais galegas Creativas Galegas a escola de música Conservatorio Histórico de Santiago e a cooperativa de muralismo, pintura e ilustración Cestola na Cachola.
*Actividade realizada no marco do Convenino de Colaboración 2025 entre o Concello de Santiago de Compostela no marco do programa municipal Feito en Santiago e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.
Leave A Comment