A Rede Eusumo, é unha rede liderada pola Xunta de Galicia, para fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia. A rede elaborou un informe dos resultados de 2015 :

  • A rede conta xa con 74 entidades asociadas no que é o seu cuarto ano de funcionamento.
  • No marco da Rede Eusumo constituíronse 114 empresas de economía social, 39 delas creadas no ano 2015.
  • A través da Rede Eusumo obtiveron titorización e asesoramento personalizado en materia de cooperativismo e economía social máis de 572 grupos promotores (149 grupos no 2015), o que supón un total de máis de 2189 persoas implicadas (518 persoas titorizadas no ano 2015).
  • A rede celebrou un total de 201 actividades de divulgación e sensibilización para o fomento cooperativo e da economía social en 2015, a través de obradoiros, seminarios e xornadas, cunha asistencia de 3.241 persoas.
  • Actualmente, a Rede Eusumo conta con máis de 5000 seguidores/as nas redes sociais e está presente nas principais plataformas.

Fai clic:   Resultados Rede 2015Nota de prensa resultados Rede Eusumo 2015

 

As asociacións de cooperativas Ugacota, Sinerxia, e Ucetag, fan parte desta rede, son socias da Rede Eusumo. O pasado ano 2015 as asociacións prestaron servizos ás cooperativas e ao público en xeral no marco desta rede, foron un total de 49 accións formativas e 544 beneficiarias. Os servizos destináronse tanto á mellora cooperativa, como á promoción do cooperativismo, así como tamén a activar a creación de cooperativas entre colectivos e sectores con potencialidade.