A UCETAG oferta novos cursos gratuítos en setembro, 3 edicións do curso “Creación de cooperativas de ensino, unha alternativa de emprego”, realizados no marco da Rede Eusumo e previstos en Pontevedra, Vigo e A Coruña a partir da segunda quincena do mes.
– Pontevedra: 16 – 17 – 18 de setembro. Horario: 9.30 – 14.30 horas. Lugar: Deputación de Pontevedra. Avda. Montero Ríos, s/n. Edif. Administrativo. Pontevedra.
– Vigo: 22 – 23 – 24 – 25 de setembro. Horario: 17 – 20.30 horas. Lugar: Cámara de Comercio de Vigo. R/ República Arxentina nº 18. Vigo.
– A Coruña : 28 – 29 e 30 de setembro. Horario: 16 – 21 horas. Lugar: Confederación de Empresarios de A Coruña. Plaza Luis Seoane, torre 1, entreplanta A Coruña. ( Sala Marineda )
“Creación de cooperativas de ensino, unha alternativa de emprego”, ten unha duración de 20 horas (15 horas presenciais e 5 de prácticas), e está dirixido a profesionais da educación que teñan interese en emprender baixo a fórmula de cooperativa ou coñecer este modelo de emprendemento colectivo.
Fai clic aquí para consultar o programa.
Xa podes reservar a túa praza !. Inscricións: a través da súa web www.ucetag.org (preme aquí)
Máis info: 986 866 149 – info@ucetag.org