A Rede Eusumo promove unha acción formativa relacionada co emprendemento e a consolidación de cooperativas:
– Trátase de 4 módulos formativos gratuítos en formato blended – learning (formación mixta: en liña e presencial).
– Estos módulos permitirán aos asistentes percorrer catro escenarios crave no proceso de constitución e maduración dun proxecto empresarial cooperativo.
– Cada módulo terá unha duración de 20 horas, combinando formación presencial (4 horas) con formación en liña titorizada (16 horas) de forma individualizada.
Módulo 1: Descubrindo a túa Creatividade: xerando ideas de negocio cooperativo (iniciarase o día 22 de xuño).
Módulo 2: Desenvolvendo o teu proxecto cooperativo (iniciarase o día 25 de xuño).
Módulo 3: O proceso da innovación na cooperativa. Da teoría á práctica (iniciarase o día 16 de xullo).
Módulo 4: A internacionalización nas cooperativas: Saíndo aos mercados exteriores (iniciarase o día 9 de xullo).
Para máis información e para inscribirse, facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico no teléfono 981 55 80 08 ou en info@eusumo.coop.
Podes inscribirte de forma individualizada a cada un dos módulos ou de forma conxunta a todo o programa formativo.
Prazo de inscrición: día anterior ao comezo de cada módulo. Se queres inscribirte de forma conxunta a todo o programa formativo, prazo 21 de xuño.