Programa especializado de formación xerencial 2022 [EspazoCoop] 

 

A Unión de Cooperativas Espazocoop puxo en marcha a súa oferta de actividades do PROGRAMA ESPECIALIZADO DE FORMACIÓN XERENCIAL 2022. Nesta programación ofrece 4 accións formativas que se desenvolven en modalidade de teleformación con sesións virtuais de aprendizaxe, entre os meses de febreiro e xuño de 2022. A formación deste programa conta cunha Cota de inscrición (1).

Xa foron celebrados os módulos: “ODS: da estratexia ao impacto”; “Transformación Dixital, unha proposta práctica para acceder a fondos de financiamento”; e “Comunicación Dixital Integral”, impartidos por Alén, S. Coop. Galega, Almeiro S. Coop. Galega, e O Cable Inglés S. Coop. Galega respectivamente, pero aínda temos o seguinte módulo coa inscrición aberta :


Módulo | Ecosistemas. Intercooperación como estratexia de fortalecemento, crecemento e consolidación


Do 23 de maio ao 30 de xuño de 2022 | Celebraranse 6 sesións virtuais de aprendizaxe os días mércores 25 de maio, e 1, 8, 15, 22 e 29 de xuño  en horario de 10:00 a 13:00 horas | Na plataforma de teleformación do Grup ECOS

O curso comeza cunha Introdución á intercooperación:  que tipoloxías existen e cales son os marcos conceptuais, e coñecer recursos e experiencias en intercooperación. Ferramentas para formalizar a intercooperación: Compartiremos crenzas e conceptos previos sobre a formalidade e a sustentabilidade e traballaremos na formalización interna e xurídica. Tamén analizaremos a pre-viabilidade dos proxectos de intercooperación.
Construír e coidar a relación: Falaremos do que entendemos por gobernanza e introduciremos os fundamentos da gobernanza sostible, definindo a estrutura da toma de decisións e da comunicación interna e establecendo mecanismos de atención. Claves do éxito e do fracaso: revisaremos algúns aspectos clave do éxito e exploraremos como atopar sinerxías positivas dentro da intercooperación. Tamén analizaremos posibles razóns polas que a intercooperación pode non ter éxito. Na última sesións traballarase sobre procesos de intercooperación específicos achegados polas participantes.

DOCENCIA
Sesión 1. Introdución á intercooperación – Jordi García Jané – mércores 25/5/22.
Sesión 2. Aspectos formais da intercooperación – Pere Ribas – mércores 1/6/22
Sesión 3. Sostibilidade – Jordi Framis – mércores 8/6/22
Sesión 4. A gobernanza e coidados nos proxectos de intercooperación – Sandra Erill – mércores 15/6/22
Sesión 5. Éxito e fracaso da intercooperación – Carme Garcia Boqué – mércores 22/6/22
Sesión 6. Procesos de intercooperación en Espazocoop – Sandra Erill – mércores 29/6/22

DURACIÓN | Duración: 18 horas | Con 6 sesións online de aprendizaxe (3 h./sesión)

PROGRAMA E INSCRICIÓN | Fai click en Programa| Cartel | Inscrición


Módulo | Comunicación Dixital Integral para Empresas de Economía Social


Do 3 ao 25 de Maio de 2022 | Celebraranse 4 sesións virtuais de aprendizaxe os días martes 3 e 10 de maio, en horario de 16:00 a 19:00 horas e xoves 5 e 12 de maio en horario de 10:30 a 13:30 horas. | En aulaespazocoop.com

As sesións virtuais de aprendizaxe achegarán unha parte teórica e unha práctica na que se aplicará a teoría aos proxectos das persoas participantes, ademais de coñecer casos prácticos de éxito, dentro e fóra do ámbito da economía social. Todas as persoas participantes deberán realizar un traballo  para aplicar os coñecementos adquiridos no desenvolvemento dun proxecto que ben pode ser creado especificamente para este curso ou ben aplicalo á web e redes sociais da súa empresa. Os resultados do traballo individual analizaranse na revisión final.

DOCENCIA | Sergio Barbeira | O Cable Inglés, S. Coop. Galega

DURACIÓN | Duración: 15 horas | Con 4 sesións online de aprendizaxe (3 h./sesión)

PROGRAMA E INSCRICIÓN | Fai click en Programa| Cartel| Inscrición



(1) Custo de cada módulo do Programa especializado de formación xerencial 2022 | EspazoCoop

Para participar en algún, ou en todos os módulos presentados é preciso inscribirse e aboar unha cota (que é a mesma para cada un dos módulos).

As cooperativas socias de EspazoCoop terán un custo reducido.

  • 25 €/Módulo | Cooperativas socias de EspazoCoop, e cooperativas en proceso de constitución -acompañadas pola Unión e comprometidas a asociarse-.
  • 50 €/Módulo | Cooperativas non socias e outras entidades da Economía Social vinculadas ás organizacións do Foro da Economía Social de Galicia, e de REAS Galicia.
  • 100 €/Módulo | Persoas interesadas non pertencentes a entidades anteriormente indicadas.

Módulo | Transformación Dixital. Unha proposta práctica para acceder a fondos de financiamento *Formación finalizada. Inscrición pechada.


Do 23 de Marzo ao 7 de Abril de 2022 | 6 Sesións virtuais de aprendizaxe os mércores e xoves (23 e 24, 30 e 31 de marzo, 6 e 7 de abril) de 12:00 a 13:30 horas.| En aulaespazocoop.com

O programa artellarase sobre exercicios prácticos de auto-avaliación, acompañada por especialistas, das necesidades e oportunidades de dixitalización de cada cooperativa. En cada paso, iranse definindo cales podería abordar a cooperativa grazas á dixitalización, e así establecer unha memoria técnica ou folla de ruta, que a cooperativa poida empregar para aplicar en potenciais convocatorias públicas.

DOCENCIA | Sergio Lago | Almeiro, S. Coop. Galega | bencuriosa.gal

DURACIÓN | 20 horas | Con 6 sesións online de aprendizaxe (1 h. 30 m./sesión)

PROGRAMA E INSCRICIÓN | Fai click en Programa| Cartel | Inscrición


ACTIVIDADE NO MARCO DOS PROGRAMAS

– Programa 2022 da Rede Eusumo – Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

– Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social -POISES- convocado por CEPES e financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).