Presentación de UpmeUp
[Portal de emprego da economía social e solidaria]
Ecooo en colaboración con EspazoCoop organiza o vindeiro 15 de maio en Santiago de Compostela o Evento de Presentación de UpmeUp, o portal de emprego da economía social e solidaria impulsado polas cooperativas Facto de Catalunya, Tazebaez de Euskadi e Ecooo de Madrid.
UpmeUp é un proxecto sen ánimo de lucro e de software libre que ten pouco máis dun ano, durante este tempo colgáronse máis de 200 ofertas, rexistráronse máis de 2.000 usuarios/as e cada vez máis persoas están conseguindo traballo grazas a UpmeUp.
Para dar a coñecer o portal UpmeUp, https://upmeup.es/, lévase a cabo un tour de presentación polo conxunto do Estado (Andalucía, Comunitat Valenciana, Murcia, etc. -ademáis de Catalunya, Euskadi e Madrid-). Dentro deste tour, desenvólvese a presentación de UpmeUp en Santiago de Compostela que terá lugar o xoves 15 de maio ás 19 h. en Casa RIA (Rúa da Virxe da Cerca 6).
O evento inclúe unha Mesa redonda sobre xuventude e economía social e solidaria, que porá en valor o vínculo entre a xuventude e a economía social e solidaria para dar resposta a algúns dos seus principais retos: do lado da xuventude, atopar un emprego digno con valores sociais, ecoloxistas e feministas, e do lado da economía social e solidaria, o relevo xeraciónal e a atración de mozas e mozos ao ecosistema.
A mesa estará formada por:
Moderación: Nerea Rivero Manso, responsable de investigación e incidencia política en vivenda e xénero de EAPN Galicia.
- EspazoCoop: Lucía Mendoza Fernández, directora-xerente de EspazoCoop. Lucía compartirá o marco xeral da necesaria relación entre mocidade e ESS, as necesidades que existen para fomentar esta relación e os programas de emprendemento xuvenil en ESS que se están levando a cabo en Galicia.
- Moira: Raquel Freire Ruiz, socia fundadora e creativa. Raquel contará a súa experiencia como cooperativa xuvenil, as necesidades, retos e aprendizaxes que están tendo, así como os éxitos e elementos valiosos de ser unha cooperativa xuvenil.
- Númax: Lucía Ramiro Taboada, socia trabajadora. Lucía contará a súa experiencia como cooperativa que este ano cumpre xa 10 anos, así como para compartir como foron os seus procesos de atración, selección e incorporación de novos perfís e as necesidades que teñen neste sentido.
- Portas Abertas: Sergio Murciego García, conector comunitario do proxecto Comunidades Inclusivas no medio rural.
- Enxeñería sen Fronteiras.
Animamos ás persoas e entidades interesadas neste Evento a asistir, cumprimentando o formulario de inscrición : https://upmeup.es/tour-upmeup-evento-presentacion-en-santiago-de-compostela/.
Leave A Comment