A Rede Eusumo aposta por mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas coa organización do obradoiro “Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa”.
A través deste obradoiro os participantes aprenderán a crear, deseñar e autoxestionar o seu propio Blog ou Website a través do manexo do software libre WordPress. Entre os obxectivos que se perseguen con este taller destacan:
- Mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas.
- Ordenar a identidade gráfica da cooperativa.
- Homoxeneidade na representación visual da cooperativa.
- Actualizar a imaxe.
- Crear ou mellorar o posicionamento da cooperativa.
- Abrir novos canles de comunicación a través de internet.
Este Obradoiro, dirixido principalmente ás cooperativas, está estruturado en dúas sesións que se celebrarán os días 10 e 11 de febreiro, en Ourense, nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia. Ambas sesións celebraranse en horario de 11:30 a 14:30 h., e serán impartidas de forma práctica e amena, xa que contarán cun ordenador propio para ir avanzando na creación do seu espazo dixital.
Para calquera cuestión, pode poñerse en contacto con nós no teléfono 981 558 008 ou no enderezo info@eusumo.coop.
Para máis información, visite as web: www.eusumo.coop – www.cooperativasdegalicia.com