A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria convida a participar nunha xornada aos Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local, Técnicos(as) de Emprendemento e Emprego, e outros(as) axentes intermedios que teñan un contacto directo con persoas emprendedoras e queiran coñecer a economía social e as súas fórmulas empresariais, co obxectivo de promover a economía social e os seus valores para apoiar o impulso de proxectos empresariais, así como divulgar os recursos e ferramentas de apoio existentes.
Nesta xornada, que inaugurará Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de emprego, abordaranse os seguintes aspectos: A economía social, unha economía con valores; O financiamento, recursos e liñas de axuda, que apoios hai para impulsar proxectos de economía social ? ; Faíte oír: que demandan os(as) axentes intermedios?
Para consultar o programa completo da xornada prema aquí.
A sesión ten carácter gratuíto e tes ata o 12 de decembro para inscribirte, ben no 981 558 008 ou en eusumo.emprego@xunta.es.
Fonte: web Eusumo