Amtega, en colaboración coa Rede Eusumo, organiza o 28 de xuño unha sesión en Santiago de Compostela para fomentar o uso das novas tecnoloxías entre o sector da economía social , tanto no relativo á páxina web, redes sociais e venda a través de internet como na comunicación.

A transformación dixital reinventa as organizacións grazas á utilización das tecnoloxías,  mellorando tanto os procesos internos como os externos e a relación cos clientes.
Presentarán casos reais de aplicación das tecnoloxías en empresas como a túa. Amosaranche tecnoloxías que poidan serche útiles e que esperten a túa curiosidade para que te atrevas a utilizalas de maneira inmediata.
#quickwins #afterworks #leads … #Updatepeme

PROGRAMA:

  • 19.00  Apertura e presentación
  • 19.10 Relatorio “Descubre as vantaxes da comercialización en liña” Paco&Lola
  • 19.30  Mesa de experiencias
    • Consulta en liña a última hora da túa explotación de vacún de leite. Seragro S. Coop. Galega
    • Como chegar a novos socios e socias grazas á novas tecnoloxías. Nosa Enerxía S. Coop. Galega
    • Deseña o teu social media plan para chegar aos teus clientes. Bico de Xeado (Granxa O Cancelo)
  • 20.10  Rolda de preguntas e debate
Inscricións e máis información: aquí