Curso presencial de 20 horas certificado pola Xunta de Galicia.
DATAS:
24 e 26 de outubro de 2016.
2, 7 e 9 de novembro de 2016.
HORARIOS: 16.00-20.00h
LUGAR: Aula 4. Centro de Novas Tecnoloxías de Galida. Rúa Airas Nunes, s/n. 15702. Santiago de Compostela
TEMARIO:
- Marco conceptual da RSE
- A importancia da RSE nas entidades de economía social
- Metodoloxía para a implantación da RSE nas entidades de economía social
- Xestión de grupos de interese.
- Comunicación dende a perspectiva da RSE
METODOLOXIA
O desenvolvemento de cada unha das sesións formativas conta cunha parte expositiva onde se introducen os participantes nos principais contidos, así como exercicios prácticos e dinámicas participativas, para a aplicación das metodoloxías presentadas na formación.
DOCENTES
Noelia López
Profesional con máis de nove anos de experiencia como asesora técnica en materia de sustentabilidade e Responsabilidade social en administración públicas e organizacións privadas. Docente en programas de formación continua e posgrao en diferentes institucións académicas do Sistema Universitario Español.
Pilar Casals
Profesional dos recursos humanos e a psicoloxía organizacional, con experiencia en desenvolvemento comunitario e posta en marcha de empresas sociais para departamentos de responsabilidade social. Docente en materia de comunicación interna e bo clima laboral en empresas públicas e privadas, xunto coa implantación de políticas debo goberno e códigos de conduta.
Para inscribirse neste curso poden enviar os seus datos persoais, entidade, teléfono e e-mail de contacto a: rse.economiasocial@gmail.com
Ou a través do teléfono: 676 531 453
Fonte: Eusumo