Estás sen emprego?. Estades pensando en poñer en marcha unha actividade económica?. Por que non emprender en grupo?. Cicais pensaches en formar parte dunha cooperativa?.

UGACOTA ofrece formación gratuíta a persoas en desemprego, colectivos de emprendedoras, a cooperativas de recente creación, a novos socios/as de cooperativas, e para o público interesado en xeral. 

Coñece as cooperativas, e anímate a participar ! .

No mes de Xuño en Vigo impártense dous obradoiros no marco da Rede Eusumo, na modalidade presencial, cunha duración de 20 horas cada obradoiro,  5 h. cada sesión, en horario de mañá .

A programación é a seguinte:

Do 16 ao 19 de Xuño

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

VIGO

Centro da Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Vigo

Fai clic programa

Fai clic inscrición

Teléfono: 986 136 592

nuria@ugacota.coop

Do 9 ao 12 de Xuño

POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?

VIGO

Centro da Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Vigo

Fai clic programa

Fai clic inscrición

Teléfono: 986 136 592

nuria@ugacota.coop

De que trata cada obradoiro  ? :

1) Formación cooperativa para persoas que queren emprender: Con este curso preténdese divulgar as posibilidades e vantaxas de emprender baixo unha fórmula empresarial de economía social: o modelo cooperativo. Tamén se dará a coñecer as testemuñas de persoas que xa emprenderon en cooperativa.

2) Por que non traballamos en equipo ? : Con este curso preténdese desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. · Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais. E descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

 

E ademais :
Estes cursos tamén están incluídos no Catálogo de Actividades Formativas da Consellería do Medio Rural e do Mar. Están recoñecidos como baremables ou puntuables para a obtención do permiso de explotación marisqueira.

 

Colaboran : Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) – Fondo Social Europeo – Cámara de Comercio de Vigo.