4º Congreso Galego de Cooperativas de Ensino

“As cooperativas de ensino axudamos a construír un mundo mellor”

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Asociación de Centros de Economía Social de Galicia, (Aces-Galicia) co apoio da Rede Eusumo, celebran o vindeiro 15 de novembro o 4º CONGRESO GALEGO DE COOPERATIVAS DE ENSINO no Hotel Carlos I de Sanxenxo, no marco do Ano Internacional das Cooperativas 2025. Este evento vai permitir analizar procesos internos das cooperativas de ensino e centros de economía social de Galicia para desenvolver o potencial do ensino cooperativo galego.

Baixo o lema “As cooperativas de ensino axudamos a construír un mundo mellor”, o Congreso de EspazoCoop busca fomentar a implicación das cooperativas de ensino na transmisión do valor diferencial do ensino cooperativo na comunidade escolar. Ao mesmo tempo que reivindicar un modelo de ensino perante as Administracións competentes, as organizacións do sector do ensino, e ante a cidadanía, para visibilizar e dar a coñecer unha alternativa válida tanto a nivel empresarial e laboral como pedagóxico, baixo os principios e os valores do cooperativismo.

O Congreso iniciará ás 10h, coa inauguración institucional, e extenderase ata ás 18.30h da tarde. O seu programa comprende relatorios marco, grupos de traballo, stands, e un xantar para confraternizar, estes son os contidos e actividades:

Programa

09:00 h. | Recepción e entrega de documentación

10:00 h. | Inauguración

  • Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Manuel Álvarez Bértolo. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
  • Concelleira de Educación, Natividad Parada Pérez. Concello de Sanxenxo
  • Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira Blanco
  • Membro do Consello Reitor e responsable da Sectorial de ensino da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Miguel Filgueira Touriño

10:45 h | Relatorio marco: “Ser cooperativa e facer escola: a identidade do modelo da escola cooperativa”, con Miquel Ruiz Collados, Presidente de UCEV, Unió de Cooperatives d`Ensenyament Valencianes

12:10 h | Pausa café e visita a stands expositores

12:30 h | Grupos de traballo

  • Fórmulas de financiamento ético para cooperativas e futuras persoas socias, con Aleksei Nogueira de Fiare Banca Ética e Antón Ínsua de Coop57 Galiza.

  • Unha mirada profesional e humana que ve a cada alumno/a e a súa maneira única de aprender, con María José Santos Comesaña, Directora da Área de Infancia e Xuventude ACEESCA – Centro educativo asociado a IN-RED.

14:00 h | Visita a stands expositores

14:30 h | Xantar

16:30 h | Grupos de traballo

  • Compartir e analizar problemas nas asembleas. Ferramentas de escoita e de busca de solucións compartidas con Ana Lorenzo, socióloga experta en participación e economía social.

  • Experiencias de escolas de educación infantil de 0-3 nas cooperativas de ensino galegas, unha mesa redonda de intercambio coas escolas cooperativas: Santiago Apóstol, Abrente e Eduardo Pondal.

18:00 h | Clausura

  • Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño Regueiro. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
  • Membro do Consello Reitor e responsable da Sectorial de ensino da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Miguel Filgueira Touriño

Programa > neste enlace

Espazo para expositores > No Congreso está previsto un espazo de empresas de interese para os centros de ensino, como poden ser as editoriais Anaya, Santillana e Edelvives, ou as cooperativas Miudiño, xogo e cultura para naturalizar a infancia, Aventeira, educación e lecer, A Milpa do Salnés, produción ecolóxica de hortalizas e millo autóctono,  e Simbiosis, formación, seguridade alimentaria e nutrición, que mostrarán os seus servizos e produtos e as posibilidades de colaboración cos colexios cooperativos.

Inscrición ao Congreso

Inscrición ao Congreso > neste enlace ata o 12 de novembro de 2025

  • A cota de inscrición por persoa é de 25 €.
  • Cada grupo de catro persoas inscritas por centro, a cuarta non pagaría cota de inscrición.

Máis información e consultas: roberto@espazo.coop – 986 149 866