EspazoCoop celebra o 23 de maio o Ano Internacional das Cooperativas cun acto público na Cidade da Cultura

A Unión de Cooperativas EspazoCoop, celebra o venres 23 de maio a partir das 12 h. un evento público para celebrar o Ano Internacional das Cooperativas 2025 baixo o lema “Somos Rede, Somos Impulso“, o acto realízase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, no marco do día da asemblea xeral de EspazoCoop.

Na xornada prevista, serán homenaxeadas as cooperativas socias cunha traxectoria de máis de 20 anos, contará tamén cunha mesa de debate sobre financiamento das cooperativas, despois da cal terá lugar unha actuación musical, para finalizar co peche institucional.

Ao remate do acto ofrecerase un petisco cooperativo por cortesía da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Asistencia libre, previa inscrición: clic aquí

Estaremos encantadas/os de recibir a todo o público interesado en coñecer ás cooperativas, as súas singularidades, o valor social que achegan ao tecido económico da comunidade e en celebrar con nós o Ano Internacional das Cooperativas 2025 declarado pola ONU.