«Emprendementos que inspiran. Industrias culturais e creativas»
Ciclo de webinars de CULTSOS
No marco do proxecto CULTSOS -cultura social e sostible- e en colaboración con REDEL, GARAPEN organízase un ciclo de webinars dirixido ao sector cultural e creativo co obxectivo de ofrecer a oportunidade ao sector de coñecer novos proxectos, promover a aprendizaxe para mellorar a competitividade do sector e poñelo en valor.
O vindeiro webinar celébrase o xoves 12 de xuño de 10 a 11 h. e presentarán os seguintes proxectos:
- Rock & Change -Proxecto impulsado por Promálaga +INFO
- Apuka Ediciones – Proxecto impulsado pola Mancomunidade de Urola Kosta +INFO
- Bakata Solutions -Proxecto impulsado pola Sociedade de Desenvolvemento de Santa Cruz de Tenerife +INFO
- Digital Codesign – Proxecto impulsado pola Sociedade de Desenvolvemento de Santa Cruz de Tenerife +INFO
Se eres unha empresa do sector cultural e creativo e te interesa participar, inscríbete e completa o seguinte formulario ➡️ AQUÍ
Información do Ciclo de webinars: https://cultsos.es/webinar/
Que é CULTSOS?
CULTSOS é un proxecto que busca impulsar a innovación, a competitividade e a resiliencia do sector cultural a través do fomento da Economía Social e o aliñamento cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Desenvolvemento de metodoloxías, ferramentas, solucións e plataformas tecnolóxicas que impulsen as fórmulas da Economía Social no sector cultural.
CULTSOS busca dar resposta aos desafíos actuais do sector cultural, como a atomización, a falta de cooperación, a dificultade de acceso ao financiamento, a dependencia de fondos públicos, a falta de competencias de xestión e a debilidade organizativa.
Web de CULTSOS: https://cultsos.es/
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop é socia do proxecto CULTSOS, xunto cun grupo de sete entidades que en alianza desenvolven o mesmo. Trátase dun proxecto financiado polo Plan Integral de Impulso á Economía Social no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para os ano 2024 2025.
Leave A Comment