‘Economía social Meeting’ 20/Maio

Encontro do ámbito Cultural

 

 

 

O luns 20 de maio Foro pola Economía Social Galega celebra unha sesión de intercooperación dentro do Programa ‘Economía social Meeting’ destinada a cooperativas, sociedades laborais e outras organizacións de economía social cuxa actividade principal está no Sector Cultural.

No encontro trataranse os servizos que ofrecen, as liñas de colaboración, e as necesidades das organizacións con actividade no campo da Cultura.

Será unha acción de 2 horas de duración, realizada de xeito colaborativo coas entidades do Foro: Agaca, Aesgal, Unión de Cooperativas EspazoCoop, Cegasal e Aeiga, co obxetivo de crear un lugar de encontro, coñecemento e colaboración.

Data e horario: Luns 20 de maio 2019 | De 10 a 12 horas.
Lugar de celebración: Centro SocioCultural Ensanche. Rúa Frai Rosendo Salvado 16. Santiago de Compostela.

PROGRAMA: Aquí | CARTEL: Aquí | INSCRICIÓN: Aquí 

Economía Social Meeting trata de facilitar a xeración de oportunidades de negocio e proxectos en común. Creando contextos para ofertar e demandar, xerando interaccións entre todas as organizacións participantes.

CONVOCA: Unión de Cooperativas EspazoCoop || Entidades colaboradoras do Foro pola Economía Social Galega

[ Esta acción enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social ]