A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza unha sesión de intercooperación dentro do Programa ‘ECONOMÍA SOCIAL MEETING’, para cooperativas e as diversas organizacións que compoñen o sector da economía social en Galicia. Será unha acción de 2 horas de duración, realizada de xeito colaborativo coas entidades do Foro pola Economía Social Galega (Cegasal, Aeiga, Agaca, Aesgal e EspazoCoop), co obxetivo de crear un espazo de encontro, coñecemento, colaboración, de oportunidades para xerar proxectos e actividades en común, e mesmo negocio. Pretende ser un lugar para ofertar e demandar neste sector, xerando interaccións entre todos.

Farase no marco da edición deste ano de Pont-up Store (espazo de novo emprendemento) en Pontevedra, evento do que a Unión é entidade colaboradora.

Datas e horario: Xoves 20 de setembro | De 16.30 a 18.30 horas.
Lugar de celebración: Casa das Campás. Rúa D. Filiberto 9, Pontevedra | No marco da programación de Pont-up Store 2018

PROGRAMA: aquí | INSCRICIÓN: aquí

 

ORGANIZA: Unión de Cooperativas Espazocoop || Entidades colaboradoras : Foro de Economía Social Galega

[ Esta xornada enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social ]