No mes de Outubro, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-Ugacota, continua coa súa programación de cursos gratuítos, no marco da programación formativa da Rede Eusumo.
Levaremos a cabo 6 accións formativas nos Centros da Rede Eusumo da Fundación Feiraco (Ames, A Coruña), Caixa Rural Galega de Lugo, Cámara de Comercio de Vigo, Fundación Coren (Razamonde, Ourense) e Fundación Terra de Trasancos (Narón, A Coruña).
A continuación tedes a relación de cursos gratuítos que impartiremos. Premendo sobre o título do curso podedes consultar o programa completo do curso. Tamén podedes inscribirvos a aqueles obradoiros que sexan do voso interese a través da ligazón habilitada.
CENTRO DA REDE EUSUMO NA FUNDACIÓN FEIRACO
(Pontemaceira, s/n, Ames, A Coruña)
Obradoiro: AS COOPERATIVAS TAMÉN SON EMPRESAS
Datas: 1, 3 e 5/10/2012
Horario: de 10:30 a 13:30hs.
Obxectivo: dar a coñecer a fórmula cooperativa. Analizar as barreiras e problemas máis frecuentes dos profesionais no asesoramiento a cooperativas. Difundir os recursos e ferramentas existentes para mellorar os procesos de asesoramento e xestión de cooperativas.
Dirixido a: persoal técnico asesor e xestor de empresas.
Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ
CENTRO DA REDE EUSUMO NA CAIXA RURAL GALEGA
(Praza Fonte dos Ranchos, 27, b, Lugo)
Obradoiro: POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?
Datas: do 15 ao 19 de outubro.
Horario: de 10:00 a 15:00hs.
Obxectivo: Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo en equipo. Coñecer recursos e ferramentas que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
Dirixido a: público e xeral, persoas socias cooperativistas.
Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ
CENTRO DA REDE EUSUMO NA FUNDACIÓN COREN
(Razamonde, Cenlle, Ourense)
Obradoiro: PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER
Datas: do 15 ao 19 de Outubro
Horario: de 10:00 a 15:00hs.
Obxectivo: Achegar o modelo cooperativo á cidadanía. Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas
Dirixido a: público en xeral.
Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ
CENTRO DA REDE EUSUMO NA CÁMARA DE COMERCIO DE VIGO
(R/ República Arxentina, 18-A, Vigo).
Obradoiro: COÑECENDO A MIÑA COOPERATIVA
Datas: 16 e 17 de outubro.
Horario: de 09:30 a 13:30hs.
Obxectivo: Revisar e actualizar os coñecementos cooperativos dos socios e socias. Lembrar que significa ser cooperativista. Dar a coñecer os recursos e ferramentas para mellorar o funcionamento da cooperativa.
Dirixido a: persoas socias de cooperativas
Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ
CENTRO DA REDE EUSUMO NA FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOS – COOPERATIVA DO VAL
(Vilacornelle, s/n, Narón, A Coruña)
Obradoiro: PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER
Datas: do 22 ao 26 de Outubro
Horario: de 10:00 a 15:00hs.
Obxectivo: Achegar o modelo cooperativo á cidadanía. Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas
Dirixido a: público en xeral.
Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ
Obradoiro: COÑECENDO A MIÑA COOPERATIVA
Datas: 29 e 30 de outubro.
Horario: de 10:030 a 14:30hs.
Obxectivo: Revisar e actualizar os coñecementos cooperativos dos socios e socias. Lembrar que significa ser cooperativista. Dar a coñecer os recursos e ferramentas para mellorar o funcionamento da cooperativa.
Dirixido a: persoas socias de cooperativas
Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ
Para máis información e inscricións nos obradoiros:
–UGACOTA SANTIAGO
•Tf 981 575 578
•E-mail: rosaab@ugacota.coop
– UGACOTA CORUÑA
•Tf: 881 887 456
•E-mail: patane@ugacota.coop