Curso «Talento Cooperativo»

Teleformación mixta para coñecer o cooperativismo

 

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración coa USC, organiza o Curso “Talento Cooperativo” (25h) que se imparte do 23 de setembro ao 20 de outubro de 2025, en modalidade de teleformación mixta, cunha sesión presencial o día 17 de outubro na USC. A formación é gratuíta, desenvólvese na Aula Virtual de EspazoCoop.

Obxectivos da teleformación

  • Desenvolver o talento cooperativo do alumnado.
  • Dar a coñecer o cooperativismo como alternativa para o autoemprego colectivo.
  • Coñecer experiencias cooperativas en funcionamento e establecer un diálogo coas súas socias.

Cartel > neste enlace

Programa > neste enlace

Inscrición > neste enlace

Esta actividade formativa conta co apoio da Rede Eusumo, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

Tamén contan co apoio do Programa Interreg VI España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, programa Es-factory.