Desde a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, no marco da Rede Eusumo, comunícase que vai dar comezo o “Curso Práctico: Acompañamento de Proxectos Cooperativos”.

O obxectivo do mesmo é formar ao persoal técnico en materia de promoción do emprego baixo fórmula cooperativa para adquirir as competencias necesarias para acompañar aos grupos promotores de cooperativas.

As persoas destinatarias desta actividade son todas aquelas que son prescritoras de cooperativas, dándoselle prioridade a axentes de fomento cooperativo, axentes de emprego e desenvolvemento local, persoal técnico de xestorías e asesorías, etc.

Esta acción formativa ten unha duración de 40 horas presenciais e 28 horas prácticas e desenvolverase entre os días 18 de marzo a 13 de maio todos os martes en horario de 09 a 14 horas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

A matrícula é gratuíta e entregarase un diploma acreditativo a todas as persoas participantes.

Fai clic aquí :

Díptico do curso

Cartel do curso

Pode poñerse en contacto para calquera cuestión no correo info@eusumo.coop ou no teléfono 627 570 947.

A data límite de inscrición no mesmo é o 13 de marzo de 2014. Pode realizar a súa INSCRICIÓN premendo aquí.