Curso para mulleres emprendedoras en agroturismo e sustentabilidade.
O proxecto MONTES VIVOS LABradío de ideas, que coordina Outonía S. Coop. Galega, vai celebrar un Curso para mulleres emprendedoras en agroturismo e sustentabilidade os días 28, 29 e 30 de novembro en Navia de Suarna (Lugo).
Este curso está deseñado para persoas que estén pensando en poñer en marcha unha inciativa de emprendemento no medio rural. Pero tamén para as que xa deron ese paso e queren darlle unha volta á súa iniciativa e compartir con outra xente con similares inquedanzas. Terá unha duración de 25 h., distribuídas nunha fin de semana presencial, unha sesión en liña e un traballo final.
DOSSIER DO CURSO (programación e inscrición) neste enlace
EspazoCoop colaborará neste iniciativa para abordar o financiamento de proxectos de autoemprego e as formas xurídicas de economía social, nunha sesión en liña prevista para o mes de decembro.
LABradío de ideas é unha formación dirixida a mulleres e disidencias, con inquedanzas ou proxectos emprendedores no eido do agroturismo e o esenvolvemento sostible. A través dunha programación de activida des experiencial e coordinada con axentes territoriais dos Ancares, este curso promove a autonomía, liderado e participación das mulleres rurais mediante a facilitación de ferramentas prácticas que buscan potenciar os procesos de emprendemento.
Esta formación intégrase dentro do proxecto “Montes Vivos” que está coord nado por SEO/BirdLife e conta ca financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no mar co do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
SEO/BirdLife (Sociedade Española de Ornitoloxía) é a ONG ambiental decana en España. Fundada en 1954, a súa misión é coas aves como bandeira, buscando a conservación da biodiversidade coa participación e implicación da sociedade.
Leave A Comment