CULTSOS xa ten data para os eventos de xuño!

Xa temos data para tres eventos que se celebrarán no marco do proxecto CULTSOS. CULTSOS é un proxecto que busca impulsar a innovación, a competitividade e a resiliencia do sector cultural a través do fomento da Economía Social e a aliñación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.

Moi pronto máis información detallada sobre os eventos.

Non o perdades e reservade a data nas vosas axendas!

 

RETOS E OPORTUNIDADES DENDE A TECNOLOXÍA PARA A XESTIÓN PÚBLICA EN CULTURA

4 DE XUÑO | EVENTO, AMOREBIETA

Data: Mércores 4 de xuño de 2025

Horario: 9-14 h.

Información del evento: aquí

Lugar: Zelaieta Zentroa (Amorebieta Etxano)

 

 

COOPERACIÓN NO SECTOR CULTURAL E CREATIVO

10 DE XUÑO | EVENTO, BILBAO

Data: Martes 10 de xuño de 2025

Horario: 9-14 h.

Información del evento: aquí

LugarBilbao. BBK Kuna.

 

 

CULTURA SOSTIBLE: CLAVES DE FUTURO E FERRAMENTAS PARA A ACCIÓN

12 DE XUÑO | EVENTO, MADRID

Data: Xoves 12 de xuño de 2025

Horario: 10-14.30 h.

Información e inscrición a el evento: aquí – Axenda do evento aquí

Lugar: Espacio ECOOO C/ Escuadra 11, 28012 Madrid

 

 

MISIÓNS COMERCIAIS

10 E 12 DE XUÑO | EVENTO, BILBAO E MADRID

Data: Martes 10 de xuño e xoves 12 de xuño de 2025. Horario: de tarde

Lugar: 10 de xuño, en Bilbao | 12 de xuño en Madrid

Programa 10 de xuño en Bilbao, Misión Comercial Galicia – Euskadi neste enlace  – Inscrición: neste enlace

Programa 12 de xuño en Madrid, Misión Comercial Galicia – Madrid neste enlace  – Inscrición neste enlace

 

Nas misións comerciais participará unha delegación de Galicia, 5 cooperativas do sector cultural socias de EspazoCoop :

  • O Cable Inglés S. Coop. Galega
  • Tako Group S. Coop. Galega
  • 7H Cooperativa Cultural S. Coop. Galega
  • Xeitura S. Coop. Galega
  • Urdime S. Coop. Galega

A Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte do proxecto CULTSOS, cultura social e sostible: http://cultsos.es/