Cooperativas de Plataforma Dixitais

A sexta Edición do Curso online que promove a economía dixital cooperativa inicia o 27 de Marzo de 2023

O Curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global.

 

 

[ Quen impulsa esta acción formativa especializada? ]

O curso online sobre Cooperativas de Plataformas Dixitais está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy.

Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES (a Confederación empresarial española da economía social) e o Fondo Social Europeo-FSE.

Xa participaron 1.384 persoas de 63 países nas súas edicións previas que xeraron 300 iniciativas. Esta 6ª edición busca introducir e desenvolver ideas de plataforma cooperativas e inicia o 27 de Marzo e remata o 19 de Xuño de 2023. Para facilitar ás persoas interesadas no curso que conten con información de primeira man e resolvan as dúbidas sobre esta formación realizarase un:

Webinar de presentación o 13 de Marzo, de 18 a 19 horas. Inscríbete aquí (tamén pode contactar con EspazoCoop).

Web de Mondragón, con toda a información do Curso: nesta ligazón

Datas da 6ª edición do curso: De 27 de marzo a 19 de xuño de 2023.

Preme aquí: Matrícula para o Curso.

 

[ Que son as Cooperativas de Plataforma? ]

As cooperativas de plataforma pretenden ofrecer unha alternativa ás economías e os negocios de plataforma dixital. Os seus obxetivos: crear traballo digno, estruturas de traballo e de decisión horizontais, tecendo redes, basadas na copropiedade e a cogobernanza.

[ Exemplos da Boa Economía Colaborativa: que iniciativas hai en marcha como cooperativas de plataforma? ]

Para que as valores e te inspires, aquí amosamos algúns exemplos de Cooperativas de plataforma:

CoopCycle  Xestión de entregas en bicicleta. Plataforma europea de software libre para ciclomensaxería, adicada unicamente a cooperativas para a xestión de entregas en bicicleta.

Som Movilitat proxecto que xestiona a movilidade en coche eléctrico.

Fairmondo mercado en liña para bens e servizos éticos (en Alemaña e Reino Unido)

Stocksy cooperativa adicada á fotografía de stock.

[ Descrición do Curso: COOPERATIVAS DE PLATAFORMA XA! ]

Estes últimos anos a crise do emprego digno e emancipador foi en aumento en todo mundo, o seu impacto social e económico non é o mesmo para todas as persoas afectadas. Os sectores do turismo, a educación, a arte, a loxística, o transporte, a tecnoloxía … e sobre todo o colectivo de traballo temporal e pouco regulado así como os colectivos xa castigados de ingresos baixos, en risco de exclusión, a clase traballadora e as persoas migrantes, son as que máis están a sufrir.

A franxa social alárgase, a diferenza de salarios crece, a confianza nos gobernos volve cambalearse e máis e máis persoas ven o nacionalismo e o populismo como posible resposta. As persoas traballadoras perden poder sobre as súas propias vidas.

Que facemos ante esta situación? Como poden as persoas traballadoras retomar o control, organizarse e participar na construción dunha sociedade máis humana e xusta? A historia dinos que son os momentos máis adversos os que abren portas á creación de solucións outrora imposibles como o New Deal na Gran Depresión.

As Cooperativas de Plataforma poden xerar empregos de calidade a escala, xa!, e é que nun momento no que as grandes tecnolóxicas están a crecer de maneira alarmante, este curso non pretende soamente analizar a contorna, senón prover de ferramentas ás persoas emprendedoras para xerar cooperativas de plataforma.

Ademais, busca que as persoas participantes pasen a ser parte dunha rede global de persoas comprometidas co cambio, xa sexa desde o emprendemento, así como desde a investigación ou o desenvolvemento de políticas.

O cambio cara a unha economía realmente humana, inclusiva, xusta, de propiedade compartida e xestión democrática é posible.

O curso está composto por 2 partes:

  • A primeira de catro módulos, ten como propósito xerar consciencia sobre o capitalismo de plataforma e dar a coñecer o modelo de traballo asociado.
  • A segunda consta de dez módulos, onde baseados na metodoloxía de Mondragon Team Academy vívese unha experiencia de aprendizaxe en equipo, traballando desde un concepto ata desenvolvemento, testeo e presentación de proxectos de emprendemento.

O curso ten unha dedicación estimada de 66 horas en total.

 

[ APÚNTATE  ]

O Curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global.

>>> Preme aquí: Matrícula para o Curso.

Contacta para obter máis información ou resolver dúbidas a través da Unión de Cooperativas EspazoCoop, telf. 986 866 149 e email teresa@espazo.coop


[ Destinatarias]

Para aquelas persoas que:

– Queiran deseñar e prepararse para lanzar a súa cooperativa de plataforma.
– Persoas socias ou participantes en cooperativas ou startups existentes que queiran transformar a súa empresa en cooperativa de plataforma.
– Están involucradas en desenvolvemento de políticas.
– Traballan con colectivos emprendedores ou estudantís.
– Teña curiosidade sobre como se pode crear unha plataforma dixital máis ética a través das cooperativas de plataforma facendo uso da metodoloxía learning by doing (aprender facendo).


[ Que se traballa? ]

– Desenvolvemento dunha idea e un plan de acción para unha cooperativa de plataforma en equipo.
– Un maior entendemento do capitalismo de plataforma e a gig economy.
– Aprendizaxe sobre o modelo de cooperativa de traballo asociado.


[ Prezo e duración do curso]

– O curso é completamente en liña e para os participantes do estado ten un prezo de 150 € , con todo, hai un prezo reducido de 40 €  porque búscase que o curso sexa o máis inclusivo posible e para aquelas persoas que poidan ter dificultades de acceso existe a opción de acollerse á matrícula reducida.
– Ao completar o curso recíbese un diploma expedido por Mondragon Unibertsitatea.
– É un curso de 14 semanas de duración.


[ Docencia]

A cargo do equipo docente de Mondragón, Escuela Andaluza de Economía Social, Florida Universitaria e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.

 


Tamén podes contactar con nós na UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP

Telf. 986 866 149 – email teresa@espazo.coop