CONFERENCIA EUROPEA: «COMUNIDADES ENERXÉTICAS RURAIS: TENDENDO PONTES ENTRE A ACCIÓN LOCAL E A TRANSICIÓN CARA A ENERXÍAS LIMPAS»
Organizada polo proxecto EC4RURAL, terá lugar o 1 de outubro de 2025 na Universidade de Vigo no campus As Lagoas-Marcosende
O proxecto EC4RURAL, liderado pola UVigo do que a Unión de Cooperativas EspazoCoop é socia, financiado polo programa LIFE, ten como obxectivo profundar e transformar a relación entre as autoridades locais e rexionais e as comunidades rurais para contribuír á transición enerxética limpa de Europa a través dunha participación activa e xusta.
Chegados á metade do proxecto, esta conferencia mostrará os nosos progresos e compartirá os principais resultados alcanzados. Ao mesmo tempo, a conferencia ofrece unha plataforma para que investigadores e profesionais presenten os seus traballos sobre a transición enerxética e as comunidades enerxéticas.
Obxectivos
- Presentar os resultados intermedios: destacar os logros e as leccións aprendidas do proxecto EC4RURAL ata a data.
- Facilitar o intercambio de coñecementos: proporcionar un foro para que científicos e profesionais compartan os resultados das súas investigacións e experiencias prácticas relacionadas coas comunidades enerxéticas.
- Fortalecer as redes: fomentar a colaboración entre as partes interesadas no ámbito das transicións enerxéticas rurais e, especialmente, as comunidades enerxéticas en toda Europa.
Público destinatario
- Representantes de comunidades enerxéticas rurais e grupos de acción local.
- Investigadores e académicos especializados en comunidades enerxéticas e transicións enerxéticas rurais.
- Asociacións, organizacións implicadas en comunidades enerxéticas.
- Autoridades locais e rexionais implicadas na política enerxética e o desenvolvemento rural.
- Todos aqueles que estean interesados en participar para comprometerse nunha transición enerxética limpa comandada polos cidadáns e as comunidades locais.
- DG ENER, DG Agri.
Programa
Como inscribirse
Por favor, encha o formulario para inscribirse. A asistencia é gratuíta.
- Data límite: luns 15 de setembro a medianoite.
Xeneralidades
A conferencia celebrarase nun formato híbrido, en inglés como idioma oficial. Dispoñerase dun sistema de tradución ao idioma local durante as sesións plenarias.
Publicacións
A comezos de xuño, e ata mediados de xullo, estivo aberta unha chamada para a recepción de “Expresións de Interese”. As contribucións recibidas (en formato abstract e/ou artigos completos), trala súa revisión por pares, incluiranse nun libro electrónico publicado polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA).
Agardamos contar coa vosa presenza nesta Conferencia.
Leave A Comment