Un grupo de persoas xóvenes participan do 18 ao 22 de febreiro nun “Obradoiro de Formación Cooperativa” dentro da Programación de Actividades en Rede – Eusumo 2013, no CRE na Fundación Feiraco.
As participantes son persoas menores de 35 anos, tituladas e formadas en xestión empresarial.
De que trata o curso? :
Achegar o modelo cooperativo e as súas caracteristicas básicas e diferenciadoras a persoas con formación en xestión empresarial.
Sentar as bases dunha axeitada función xerencial nas cooperativas. Amosar dende a práctica as condicións necesarias para a xestión no modelo cooperativo.
Contribuír a que se coñeza e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas.
Dar a coñecer os recursos e ferramentas a dispor das persoas socias das cooperativas e dos equipos técnicos.
Cubrir as necesidades formativas de persoas candidatas a bolseiras, para unha estadía en prácticas na área xerencial dunha cooperativa.