En Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas temos cita para a próxima sesión dos Almorzos Cooperativos, encontros de networking con entidades da economía social, unha cita matinal ao mes para xerar procesos de colaboración e sinerxías entre o sector.

>> 2ª sesión, Encontros de networking na economía social, Santiago 24 de maio, A Coruña 24 de maio, e Vigo 25 de maio.

>> Coñecerás ferramentas de finanzas cooperativas e éticas.

>> Faremos unha dinámica de coñecemento, e colaboración : queremos facilitar a xeración de procesos de colaboración e intercooperación entre cooperativas, e entidadades da economía social.

 

2ª SESIÓN, MES DE MAIO:

A Coruña | mércores 24 de maio | 9.30 – 11.30 h. | No Centro da Rede Eusumo – Concello de Coruña, Accede Papagaio. Rúa Hospital 19.

Ficha de programa Inscrición: Aquí

 

Santiago |  mércores 24 de maio | 9.30 – 11.30 h. | No Centro da Rede Eusumo – Asociación de Cooperativas Agrarias (Agaca). Rúa Tomiño 22 entrechán.

Ficha de programa Inscrición: Aquí

 

Vigo | xoves 25 de maio | 9.30 – 11.30 h. | Centro da Rede Eusumo – Universidade de Vigo, Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Seminario 11. Rúa Conde de Torrecedeira 105. (En colaboración coa agrupación de investigación ECOBAS da Universidade de Vigo)

Ficha de programa Inscrición: Aquí

 

Este programa consta de 5 sesións nas que poderás:

Coñecer a outras entidades e organizacións, abordar temas de interese común, como a mellora da xestión empresarial e societaria, o financiamento, o consumo colaborativo, as compras conxuntas, plataformas de vendas, e mesmo explorar novas liñas para colaborar …

Esperámoste, 1 vez ao mes, teremos unha cita matinal en sesións de 2 horas.

 

Trátase dun programa gratuíto, destinado ás cooperativas socias, a outras cooperativas, e a entidades de economía social en xeral. As prazas son limitadas a un máximo de 20 participantes, darase prioridade de asistencia ás demandas das cooperativas asociadas.

Esta iniciativa faise no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2017,