[ALMORZO COOPERATIVO]
Sector Turismo, Ambiente e Patrimonio
O mércores 17 de Marzo ás 16.30 h. a Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra un Almorzo Cooperativo Virtual para o Sector Turismo, Ambiente e Patrimonio, destinado ás cooperativas socias de EspazoCoop con actividade nestes sectores.
Trátase dunha sesión informativa e de intercambio de dúas horas de duración (de 16.30 a 18.30 h.) que servirá para :
– Desenvolver un Encontro Telemático ao redor das particularidades e iniciativas das cooperativas do sector Turismo, Ambiente e Patrimonio da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
– Servir ás socias que participen na presentación e abordaxe de iniciativas, proxectos, colaboracións, ou necesidades neste sector. Promovendo ao mesmo tempo a intercooperación.
EspazoCoop prestará o seu soporte dinamizador para aglutinar ao grupo de cooperativas para conectalas, apoialas e canalizar as súas inquedanzas.
Organiza e convoca: Unión de Cooperativas EspazoCoop
Esta actividade enmárcase na programación 2021 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.