Retos e oportunidades do cooperativismo e a economía social nas políticas públicas

 

O mércores 17 de Marzo ás 12 h. a Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra un Almorzo Cooperativo Virtual sobre os Retos e Oportunidades do Cooperativismo e a Economía Social nas Políticas Públicas, destinado ás cooperativas socias do sector das asesorías e consultorías de EspazoCoop.

Trátase dunha sesión informativa e de intercambio de dúas horas de duración (de 12 a 14 h.) para :

– Presentar avances sobre políticas públicas da administración que afectan ao sector das empresas cooperativas que son asesorías e consultorías, en relación a liñas de servizos de asesoramento a empresas de economía social, e informar das súas posibilidades e oportunidades.

– Tratar as barreiras que atopan algunhas microcooperativas para acceder ás subvencións (pola dificultade para asumir traballos derivado da súa dimensión).

– Tratar a dinamización da Sectorial de asesorías-consultorías de EspazoCoop.


Organiza e convoca: Unión de Cooperativas EspazoCoop  


Esta actividade enmárcase na programación 2021 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.