Xornada

«Accede a contratos públicos » 

Estratexias para cooperativas e empresas de economía social nas contratacións públicas das Administracións.

 

 

 

EspazoCoop impulsa a xornada «Accede a contratos públicos » que se celebrará o martes 16 de setembro de 2025  en Vigo, nas instacións de A Morada S. Coop. Galega a partir das 15.30 h.

É unha iniciativa realizada dentro da programación da Rede Eusumo, que busca promocionar a chamada Contratación Pública Responsable, e divulgar estratexias e claves que axuden ás cooperativas e empresas de economía social nos procesos de contratacións públicas das Administracións, e no acceso ás licitacións.

Obxectivos da xornada

  • Capacitar ás entidades de economía social e ás cooperativas para a preparación de ofertas perante concursos públicos.
  • Favorecer o mutuo coñecemento entre as entidades participantes.
  • Posibilitar un marco de colaboración que permita a presentación de proxectos conxuntos e estimular proxectos de intercooperación.
  • Divulgar ferramentas de acceso á compra pública.

A xornada está prevista que finalice ás 18.30 h.

Programa e inscrición á xornada

Coñece o programa e inscríbete! a asistencia é gratuíta :

PROGRAMA > NESTE ENLACE

INSCRICIÓN > NESTE ENLACE

—-